Unha vivenda en Valdeorras resultou completamente calcinada e outras dous se viron afectadas a causa dun incendio que comezou nunha das vivendas afectadas. Por fortuna, ninguén resultou ferido, pese a que unha das vivendas estaba ocupada no momento de producirse o incendio.
O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás cinco desta madrugada a través da chamada de alerta dun veciño para pedir axuda para a extinción dun incendio que empezou no tellado dunha das casas situada a altura don número vinte e seis da Rúa Termiñao da parroquia da Pobra. Así, desde o 112, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Valdeorras que traballan nestes intres para a completa extinción do lume.
Ademais solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil, dos membros do GES de Folgoso do Courel e Protección Civil de Petín e da localidade.
Incendio nun taller
Un incendio declarado esta tarde nun taller de Sarria provocou danos no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida nin afectada. Segundo puido saber o 112 Galicia, o lume calcinou un compresor de aire e a porta de acceso. Ademais, viuse afectado unha bañeira exterior con restos de pezas e aceites.
Sucedeu a altura do número 11 da Estrada de Monforte, ao fío das 23:30 horas da pasada noite. O 112 Galicia tivo constancia do incendio a través da chamada da Garda Civil, nada máis recibir o aviso, dende o 112 Galicia se informou da situación ao 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade.