Num: 6161 | Viernes 20 de septiembre de 2019
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

Os fogares galegos aforraron 99 millóns de euros en 2018 polas baixadas fiscais da Xunta nos impostos de sucesións e transmisións

A memoria da Axencia Tributaria de Galicia do ano 2018 recolle o efecto positivo das rebaixas fiscais nos dous principais impostos que xestiona a Xunta


Os fogares galegos aforraron o pasado ano 99 millóns de euros grazas ás baixadas fiscais aprobadas pola Xunta de Galicia nos Impostos sobre Sucesións e Doazóns e no Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, tal como reflicten os datos definitivos da memoria da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) do exercicio 2018.

En concreto, estes 99 millóns correspóndense coas baixadas aprobadas pola Xunta no Imposto sobre Sucesións e Doazóns, que fai que máis do 99% dos galegos xa non paguen este imposto cando reciben unha herdanza dun familiar directo; e coa rebaixa no Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados a través do Programa de Impostos Cero no rural, pioneiro en toda España. Estes 99 millóns son recursos que quedaron en mans dos fogares galegos co obxectivo de reactivar o consumo interno e manter íntegro o patrimonio das familias en caso de perda dun familiar directo.

Ademais, a memoria da Atriga confirma que a Xunta aflorou 180,1 millóns de euros de débeda non declarada a través das actuacións de control fiscal que realiza este organismo, cun aumento do 25% respecto a 2017, un incremento que se debe ao efecto positivo das actuacións iniciadas pola Administración galega nos últimos anos e finalizadas no ano 2018.

En 2018, a Atriga efectuou 315.000 comprobacións de autoliquidacións de impostos, tanto do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (ITP-AXD) como do imposto sobre sucesións e doazóns (ISD), os tributos que concentran a maior parte dos ingresos tributarios xestionados pola Xunta.

Logo deste proceso de comprobación, a Atriga practicou 23.396 liquidacións, das que 15.097 foron no imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e 8.299 no de sucesións e doazóns, o que permitiu aflorar 64,9 e 28,3 millóns de euros, respectivamente. Outros 2 millóns aflorados correspóndense coas transmisións de vehículos e os impostos de xestión centralizada, e 1,8 millóns por procedementos sancionadores.

93% de autoliquidacións correctas

A memoria ratifica que en 2018 o 93% das autoliquidacións revisadas pola Administración galega eran correctas e non precisaron modificacións, e só no 7% dos casos a Atriga modificou a autoliquidación presentada. Este indicador coincide co do anterior exercicio –o 92% de autoliquidacións correctas-, polo que se ratifica que a inmensa maioría dos contribuíntes en Galicia pagan correctamente os seus impostos.

No eido da inspección, en 2018 a Atriga realizou 1.121 actuacións de inspección -incluíndo actas de inspección e procedementos sancionadores-, o que permitiu acadar un importe de 83,1 millóns. Respecto ás valoracións, o número de bens valorados pola Atriga ascendeu a 597.060, practicamente o mesmo número que en 2017. Ademais, a memoria da Atriga reflicte a concesión de case 2.900 aprazamentos e fraccionamentos no pagamento de impostos autonómicos, por un importe de 20,8 millóns. O número de aprazamentos concedidos baixou un 7% sobre o anterior pola baixada na cifra de solicitudes.

Récord de confección por vía electrónica

A memoria da Atriga tamén mostra que o 81,1% das autoliquidacións de impostos no ano 2018 foron confeccionadas por vía electrónica, fronte ao 18,9% que foron confeccionadas en papel. Esta porcentaxe supón un récord na historia da Axencia Tributaria de Galicia, ao superar a cifra do ano anterior (69,9%) e a de todos os exercicios precedentes

NOTICIA 02
NOTICIA 11
NOTICIA 04
NOTICIA 01


NOTICIA 13


NOTICIA 07
NOTICIA 08
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 05
NOTICIA 03
NOTICIA 06
NOTICIA 09
la encuesta

¿Cree que el servicio de autobús urbano de Ponferrada debe municipalizarse?

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 12
NOTICIA 10
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
Presidente/Editor
Alejandro J. García Nistal
Directora:
Violeta R. Oria
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2019 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.