Num: 7624 | Viernes 22 de septiembre de 2023
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

Panorama y Los Secretos, pratos fortes das festas do Cristo no Barco

Se celebrarán entre o 13 e o 17 de setembro con Julio Mourelo Fulgueral como pregoeiro

Actuación de la orquesta Panorama
Actuación de la orquesta Panorama en las fiestas del Cristo de Bembibre. / Miriam del Eo

As festas do Cristo do Barco de Valdeorras se celebrarán entre o 13 e o 17 de setembro con actividades para todos os públicos, e coa orquestra Panorama e o grupo Los Secretos como elementos máis destacados do programa. O pregoeiro destas Festas 2023 será Julio Mourelo Fulgueral, veciño do Barco moi coñecido e apreciado polo súa implicación en institucións como o Orfeón Valdeorrés, a Confradía Jesús Nazareno, o Casino e Cáritas, entidade esta última que dirixiu durante moitos anos.

O programa ábrese o venres 8 de setembro coa inauguración da exposición Martín Códax, e as actividades propiamente festivas comezan o día 13. Ás 21.00 horas celebrase o pregón na Praza Maior, e a verbena estará animada polo grupo América. O xoves 14, Día do Cristo, comeza co Madrugón, e termina coa actuación da orquestra Panorama. Os fogos artificiais serán ás 22.30 horas, e durante toda a xornada sucederanse as actividades para todos os públicos.

O venres 15 actuará o grupo local Son do Sil, e a orquestra deste día é Tekila, e o sábado e o día da festa das pandillas, do Descenso do Sil e do tren fluvial, coa orquestra Cinema para as verbenas. É tamén o día da actuación de Los Secretos, que chega á localidade dentro dos actos organizados polo Centro de Deportes Barco para celebrar o seu 50 aniversario, en colaboración co Concello do Barco. No concerto tamén actuarán o grupo local Sr. Jingles e a DJ Sofía Cristo, acompañada dos DJ locais Jorge Rodríguez e Dani Argü DJ.

As festas rematan o domingo, coa Milla Urbana e a orquestra Gran Parada como actos destacados desta xornada.

Ademais, na programación destas Festas do Cristo 2023 haberá actividades para nenos, teatro e música nas rúas, parques de xogos, e deporte, con fútbol, petanca e fútbol-sala.

Programa completo das festas do Cristo do Barco de Valdeorras 2023

Cartel Festas do Cristo O Barco

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

ACTUALIDAD DIGITAL IBÉRICA
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2023 Actualidad Digital Ibérica. Todos los derechos reservados.