Num: 6837 | Martes 27 de julio de 2021
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

O IGVS oferta 13 parcelas no Parque Empresarial da Raña, cun desconto do 50% no prezo de venda

Alfredo García comentou que “estas bonificacións significan que o prezo é moito máis competitivo do que era ata agora


O Diario Oficial de Galicia publicou o 9 de xullo a resolución pola que se anuncia un novo concurso de venda de solo empresarial con bonificacións de ata o 50% nos parques que xestiona o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS). Así o avanzou o director do IGVS, Heriberto García, durante unha visita ao parque empresarial da Raña, no Barco de Valdeorras, na que estivo acompañado polo rexedor municipal, Alfredo García, e representantes da Corporación Municipal, así como da asociación de empresarios do Polígono e de AEVA. No caso do Barco, ofertaránse 13 parcelas, con case que de 37.600 metros cadrados de terreo, e cun desconto sobre o prezo de venda do 50%, polo que cada metro custará 28 euros.

Neste sentido, Alfredo García comentou que “estas bonificacións significan que o prezo é moito máis competitivo do que era ata agora, e permitirá que moitos empresarios interesados na adquisición de terreos para asentarse podan facelo”. O alcalde tamén lembrou que a redución dos prezos se chan industrial marcados pola Xunta para o Polígono da Raña “é unha vella petición tanto do Concello do Barco como dos empresarios”, que por fin se ve cumprida.

En caso de que algún dos terreos dispoñibles non se venda no marco do concurso, o director do IGVS aclarou que este organismo poderá adxudicalos de forma directa e respectando sempre as condicións orixinais, ou ben asignalos na modalidade de dereito de superficie, é dicir, a cambio do pagamento dun canon anual moi reducido con opción de compra.

Así mesmo, Heriberto García explicou aos representantes do Concello e dos tecido empresarial local que a modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (PSOAEG) traerá novidades importantes para o municipio. O Barco, beneficiaráse dunha modificación “substancial” no seu parque, ao que se engadirán 70.000 metros cadrados máis de superficie cara ao sur.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

ACTUALIDAD DIGITAL IBÉRICA
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2021 Actualidad Digital Ibérica. Todos los derechos reservados.