Num: 7271 | Martes 4 de octubre de 2022
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

Aberto o prazo de inscricións para o Foro do Camiño de Inverno

As persoas interesados poden anotarse ás xornadas nun formulario habilitado ao efecto na web da Ruta do Viño de Valdeorras

Tramo del Camino de Invierno

As persoas interesadas en participar no ‘I Foro Camiño de Inverno por Valdeorras: camiño, paisaxe e viño nas terras do Sil’, iniciativa que pon en marcha a Ruta do Viño, poden facelo xa a través da páxina web da entidade, no formulario habilitado ao efecto na sección “inscrición”.

A iniciativa, que conta co apoio da Xunta de Galicia, a través do Xacobeo 2021-2022, pretende promover o itinerario xacobeo do Camiño de Inverno ao seu paso por Valdeorras, un dos máis  descoñecidos polo gran público, e o eido vinícola da comarca como dous dos puntos fortes de atracción turística do territorio. Presentado a semana pasada, o foro conta tamén co respaldo do  Consello Regulador da DO Valdeorras e dos concellos do Barco e da Rúa, onde se celebrarán cadansúa xornada de traballo nos días 8 e 15 de outubro, respectivamente.

Aínda que particularmente as xornadas que se desenvolverán diríxese aos profesionais do mundo do viño, do eido turístico e do desenvolvemento rural, en realidade as están abertas a toda a  sociedade en xeral, polo que calquera interesado en acudir pode inscribirse.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

© 2022 Actualidad Digital Ibérica. Todos los derechos reservados.