Os Premios Baco distinguen o traballo de vintecatro adegas da DO Valdeorras

Un godello e un mencía da comarca alcanzan o Gran Baco de Oro
Premios Baco
Premios Baco. / DO Valdeorras

O xurado dos Premios Baco, galardóns organizados pola Unión Española de Catadores, que distinguen os mellores viños xóvenes de España, otorgaron vintecatro medallas a referencias de Valdeorras. Entre elas, destacan dous Grandes Bacos de Oro, concedidos ao godello A Cercada, de Bodegas Santa Marta, o único godello monovarietal de España que conseguiu este galardón, e Sampayolo Mencía, de Bodegas Sampayolo, un dos dous tintos galegos que alcanzan este premio.

Ademáis, os viños de Valdeorras foron premiados en nove ocasións co Baco de Oro e outras trece ocasións máis, co Baco de Plata. Un total de vintecatro premios, que superan con creces a decena alcalzada na convocatoria do ano pasado.

En canto as referencias da Denominación de Orixe distinguidas cun Baco de Oro, encontramos as seguintes:

  • Pedrazais Godello de Alan de Val
  • Alento Godello de Bodega Roandi
  • Guitián Joven (godello) de Bodegas La Tapada
  • Sampayolo Godello en Lágrimas Olivedo de Bodegas Sampayolo
  • Viñaredo Godello de Santa Marta
  • Viñaredo Mencía de Santa Marta
  • Joaquín Rebolledo Godello de Joaquín Rebolledo
  • Joaquín Rebolledo Mencía de Joaquín Rebolledo
  • Qunta da Peza Godello de Quinta da Peza

Trece Bacos de Plata tamén foron concedidos, en concreto ás seguintes referencias:

  • A Coroa de Adega A Coroa
  • Cepado Godello de Adega Cepado
  • Lagar do Cigur Godello de Adega Melillas e Fillos
  • Bioca Laureles de Bioca
  • Bioca Selección de Bioca
  • Godeval de Bodegas Godeval
  • Ruchel Godello de Bodegas Ruchel
  • Fardelas de Bodegas Santa Marta
  • D’Berna Godello de Guitian y Blanco
  • Hacienda Ucediños de Hacienda Ucediños
  • Quinta da Peza Mencía de Quinta da Peza
  • Verdes Castros Godello de Terriña
  • A Traba de Viña Costeira

Os galadróns Grandes Bacos de Ouro, Bacos de Ouro é Bacos de Prata son outrogados por 50 xurados, todos eles membros da Unión Española de Catadores, que avaliaron nunha estricta cata a cega a totalidade dos viños participantes. “Trátase de medallas de indiscutible valor promocional para os mejores viños xóvenes de España e estamos encantados de que unha decena das nosas referencias xoguen nesta liga”, destacou José Ramón Rodríguez Castellanos, presidente do Consello Regulador da DO Valdeorras ao respecto das distincións obtidas polos viños da comarca.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.