Num: 6482 | Jueves 6 de agosto de 2020
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

Protocolo sobre seguridade viaria do Camiño, entre Deputación de Ourense e Xunta

A Xunta está a traballar na mellora e sinalización da Vía da Prata e culminará este labor o vindeiro ano no Camiño do Inverno

Sinatura convenio de colaboración entre a Deputación Ourense e a Xunta de Galicia, pola seguriade no Camiño de Santiago. Asinan Manuel Baltar (Presidente Deputación Ourense) e Román Rodríguez González (Conselleiro de Cultura).

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou hoxe no Pazo Provincial co conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, un protocolo de coordinación e cooperación institucional en materia de seguridade viaria do Camiño de Santiago ao seu paso pola provincia de Ourense. Deste xeito, ambas administracións poderán implicarse de maneira directa na protección da integridade física das trazas do Camiño, na súa conservación, mantemento e na mellora da seguridade para os propios peregrinos.

En virtude deste acordo, a Deputación de Ourense protexerá, difundirá e fomentará o valor cultural e paisaxístico do Camiño, e en casos de emerxencia, adoptará as medidas necesarias para salvagardar a súa integridade, e colaborará coa Xunta na conservación do Camiño ao seu paso pola provincia. Ademais, a institución provincial comprométese a arranxar os puntos de entronque tanto na Vía da Prata como no Camiño de Inverno que poidan presentar dificultades para os peregrinos.

Outro dos puntos destacados do protocolo é a adopción das medidas precisas para a mellora da seguridade viaria das estradas provinciais asociadas aos tramos do Camiño, así como levar a cabo unha mellor integración dos tramos urbanos. No tocante á simboloxía, o acordo contempla o mantemento da imaxe oficial da sinalización das rutas dos Camiños de Santiago en Galicia. Cómpre destacar que a Xunta está a traballar na mellora e sinalización da Vía da Prata e culminará este labor o vindeiro ano no Camiño do Inverno. Ademais, no marco do Xacobeo 21, por primeira vez, ambos itinerarios contan conta cun contrato de mantemento propio.

Manuel Baltar salientou “a cooperación entre os gobernos autonómico e provincial, coa vista posta no Xacobeo 21, e nos camiños de Santiago que percorren a nosa provincia, un deles, Vía da Prata, que transcorre por 28 concellos, e aí, nos puntos onda hai vías provinciais que precisan algún acondicionamento é onde actuaremos para ter en mellores condicións eses camiños”. Baltar destacou que o gran Camiño de Santiago “será a alta velocidade, e Ourense será o punto central da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, e estar a pouco máis de dúas horas de Madrid suporá un alicerce máis para que os visitantes se sumen a facer o Camiño desde Ourense. Por iso, as administracións estamos chamadas a colaborar neste e noutros eidos, e lle agradezo ao conselleiro esa sensibilidade”, destacando asemade “a máxima receptividade por parte do goberno provincial de Ourense”, expresou Baltar.

ROBA PAGINAS MONEY
NOTICIA 02
NOTICIA 08
NOTICIA 04
NOTICIA 06
NOTICIA 03
EMPLEO
ofertas empleo ponferrada
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 01


NOTICIA 07
NOTICIA 05
la encuesta

¿Está de acuerdo con el cierre de establecimientos de ocio a las 2 de la mañana?

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 10
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
NOTICIA 09
© 2020 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.