Num: 6804 | Jueves 24 de junio de 2021
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

As operadoras de telefonía solucionarán gratuitamente os problemas de recepción na TDT

Coa terminación no Barco dos traballos realizados polas operadoras para as conexións móbiles de 4G, poden producirse interferencias coa recepción da Televisión Dixital Terrestre (TDT) en algunhas zonas


Por esta razón, e dado que a rede 4G está a ser implantada en cada vez máis puntos da comarca, os operadores implicados puxeron en marcha un programa encargado de detectar e solucionar as posibles incompatibilidades entre os dous servizos.

Trátase do servizo Llega800, completamente gratuíto para os usuarios e que, ademais de pór a disposición dos veciños unha plataforma na que comprobar as localidades que xa teñen conexións de alta velocidade, tamén ofrece servizos de información e reparación de incidencias. Así, levan a cabo un proceso de contacto previo mediante o cal comunican aos veciños que poden solicitar de forma gratuíta a adaptación da antena do seu edificio para evitar incidencias; pero tamén se encargan de atender aos usuarios cuxos aparellos xa foron afectados.

Para resolver estes cortes na recepción da sinal, pódese solicitar a instalación dun filtro na antena SEN COSTE NINGÚN, chamando ao seguinte teléfono GRATUÍTO 900 833 999

Para xestionar estes servizos ponse a disposición dos clientes tamén e a páxina web www.llega800.es

O 90% destas incidencias soluciónanse coa instalación deste filtro, a non ser que os cortes sexan por outro motivo.

ACTUALIDAD DIGITAL IBÉRICA
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2021 Actualidad Digital Ibérica. Todos los derechos reservados.