Num: 6414 | Sábado 30 de mayo de 2020
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

ÚLTIMOS DATOS SOBRE CORONAVIRUS (COVID-19) EN CASTILLA Y LEÓN

POSITIVOS
25538
FALLECIDOS
2003
ALTAS
8223


Teléfono de atención 900 222 000

MÁS INFORMACIÓN

Tramitación das axudas ao abeiro do real decreto-ley 11/2020 de 31 de marzo

Establece axudas sociais e económicas para paliar as consecuencias económicas da crise provocada polo COVID-19


O “Real Decreto-ley 11/2020, de 31 de marzo, por el que se adoptan medidas urgentes complementarias en el ámbito social y económico para hacer frente al COVID-19” establece axudas sociais e económicas para paliar as consecuencias económicas da crise provocada polo COVID-19. Trátase de axudas destinadas a traballadores, consumidores, familias e colectivos vulnerables para aliviar situacións de precariedade e que poidan dispoñer duns ingresos mínimos.

O Real Decreto-ley 11/2020, de 31 de marzo, establece as seguintes axudas:

a)Obtención de moratorias ou axudas para o pago da renda da vivenda habitual.

b)Moratorias hipotecarias e de créditos non hipotecarios.

c)Bono social para traballadores autónomos que tiveran cesado a súa actividade ou tiveran visto reducida a súa facturación como consecuencia do COVID-19.

Para acreditar atoparse nas dúas primeiras situacións (apartados a e b) esíxese a presentación dun “certificado de empadronamiento relativo a las personas empadronadas en la vivienda, con referencia al momento de la presentación de los documentos acreditativos y a los seis meses anteriores”.

Para acreditar ter dereito ao bono social do apartado c) esíxese certificado de empadroamento en vigor, individual o conxunto, do titular de punto de subministro, ou de todos os membros da unidade familiar.

O Concello do Barco de Valdeorras ten suspendida a atención presencial aos cidadáns e a tramitación dos procedementos administrativos, agás determinadas actuacións, trámites e procedementos. Non se atopa suspendida a emisión de certificados.

Durante a duración do estado de alarma e as súa prórrogas, e co obxecto de facilitar os certificados esixidos por este Real Decreto-ley 11/2020, e sen eludir a suspensión da atención presencial dos servizos municipais, os certificados de empadroamento se poderán solicitar a través do rexistro do Concello, na seguinte na dirección electrónica: https://sede.concellodobarco.org/index.php?id=registro. Os solicitantes poderán acceder a estes documentos mediante comparecencia electrónica, unha vez emitidos, e excepcionalmente, poderán remitirse mediante correo electrónico.

A documentación que terá que presentar por medio da sede electrónica para obter os certificados será a solicitude (achégase modelo) e escrito asinado dos maiores de idade da unidade familiar, consentido ao solicitante para que realice a solicitude e obteña o certificado colectivo de empadroamento (agás que xa conste nas dependencias municipais).

Para o caso de non dispoñer de certificado válido para relacionarse coas Administracións públicas debe ter en conta que para os dous primeiros supostos (letras a e b) se prevé polo Real Decreto-ley que se o solicitante non puidera aportar algún dos documentos requiridos o substitúa mediante unha declaración responsable que inclúa a xustificación expresa dos motivos, relacionados coas consecuencias do COVID-19, que lle impiden a aportación. Trala finalización do estado de alarma e as súas prórrogas dispoñerá do prazo dun mes para a aportación dos documentos que non tivera facilitado. (Os motivos para non poder obter o certificado de empadroamento esixido nos supostos das letras a) e b) son que o Concello ten suspendida a atención ao público decretado por resolución 454/2020 do 16 de marzo, sen que poda acceder á tramitación electrónica).

INFORMACIÓN NO TELÉFONO: 988320202 extensión 1114

O modelo de solicitude pode atoparse no seguinte enlace:

Abre un enlace externo en una nueva ventanahttps://sede.concellodobarco.org/index.php?id=solicitudes

ROBA PAGINAS MONEY
NOTICIA 02
NOTICIA 04
NOTICIA 06
NOTICIA 03
EMPLEO
ofertas empleo ponferrada
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 01


NOTICIA 07
NOTICIA 05
la encuesta

¿Cree en la crisis económica tras el coronavirus?

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 10
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
NOTICIA 08
NOTICIA 09
© 2020 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.