Num: 6067 | Martes 18 de junio de 2019
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

Treixadura presenta ‘Inda Canto’ no TLO o venres 5 de abril

As entradas poranse á venda unha hora antes do concerto na billeteira do Teatro e poden adquirirse con antelación na tenda TonySon


reixadura, unha das agrupacións de referencia na música galega, presenta Inda canto, o seu último disco, nun concerto que terá lugar o venres 5 de abril ás 21 horas no Teatro Lauro Olmo do Barco. As entradas poranse á venda unha hora antes do concerto na billeteira do Teatro e poden adquirirse con antelación na tenda TonySon.

Treixadura ofrece desde 1990 un espectáculo musical sorprendente a través de dúas concepcións ben arraigadas na tradición galega: o canto e a gaita. O resultado é unha proposta artística que recupera a música tradicional e, á súa vez, representa unha achega á cultura a través das súas composicións e a recuperación de pezas e cancións populares.

Fieis ao compromiso co seu público, tentando elevar a música tradicional ao máximo nivel, Treixadura foi modelando o seu camiño transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva. Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de fiar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional.

28 anos de gravacións e concertos, 7 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas e vida en común, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

O concerto forma parte da programación da Rede de Auditorios da provincia de Ourense.

NOTICIA 02
NOTICIA 11
NOTICIA 04
NOTICIA 13


NOTICIA 08
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 01


NOTICIA 03
NOTICIA 07
NOTICIA 06
NOTICIA 09
la encuesta

¿Cree acorde y adecuado el pacto a tres bandas en Ponferrada?

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 12
NOTICIA 10
NOTICIA 05
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
Presidente/Editor
Alejandro J. García Nistal
Directora:
Violeta R. Oria
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2019 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.