Num: 5984 | Miércoles 27 de marzo de 2019
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

Turismo de Galicia abre a participación do seu Consello Reitor ao sector privado, a Fegamp e as deputacións provinciais

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presidiu a reunión deste órgano na que se repasaron as últimas estatísticas e os plans postos en marcha para afrontar o reto do Xacobeo 2021

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presidirá o Consello Reitor da Axencia Turismo de Galicia. / Xoán Crespo

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presidiu o Consello Reitor da Axencia Turismo de Galicia que se celebrou hoxe na Cidade da Cultura. Esta reunión foi a primeira na que este organismo do Goberno autonómico abriu a súa participación e invitou a representantes das organizacións empresariais máis representativas do sector turístico privado, membros da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e representantes das catro deputacións provinciais.

O obxectivo deste encontro era abordar de xeito conxunto os grandes retos que se presentan no horizonte en materia de turismo: a celebración do próximo Ano Santo e afondar no modelo galego. Nesta liña, Román Rodríguez, acompañado da directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, e da comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, repasou cos axentes implicados os datos acadados no sector turístico e os últimos plans postos en marcha pola Consellería.

No relativo ao vindeiro Ano Santo, o titular de Cultura e Turismo destacou o importante esforzo da Xunta para lograr un Xacobeo “do que todos os galegos deben sentirse parte”. Para conseguilo, a Administración autonómica está a implicar na súa planificación a todas as institucións, entidades e cidadáns de Galicia “para poder conseguir un gran proxecto común”.

A Xunta de Galicia tamén quere sumar os esforzos dos axentes implicados para afrontar o reto de consolidar un modelo turístico sustentable e de calidade para a nosa Comunidade. “Queremos un modelo que nos encamiñe a construír a mellor Galicia para visitar e que esta sexa tamén a mellor Galicia para vivir”, destacou o conselleiro de Cultura e Turismo. A continuación explicou as actuais dinámicas da actividade turística e destacou que aínda que son boas “non nos podemos conformar”. Por iso convidou aos presentes na sesión do Consello Reitor “a seguir traballando xuntos para que os turistas atopen na nosa terra unha oferta rica e diversa que se estenda durante todo o ano”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable: GRUPO NOROESTE EN RED, S.L.
Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios.
Legitimación: Tu consentimiento explicito marcando la aceptación de los terminos, que quedará reflejado en nuestra base de datos.
Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
Contacto: redaccion@elbierzodigital.com.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

NOTICIA 02
NOTICIA 11
NOTICIA 13


PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 07
NOTICIA 08
NOTICIA 01


NOTICIA 04
NOTICIA 03
NOTICIA 06
NOTICIA 09
la encuesta

¿Cree que en el Bierzo se está realizando bien la transición energética?

Cargando ... Cargando ...
la viñeta
NOTICIA 12
NOTICIA 10
NOTICIA 05
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
Presidente/Editor
Alejandro J. García Nistal
Directora:
Violeta R. Oria
redaccion@elbierzodigital.com | publicidad@elbierzodigital.com | administracion@elbierzodigital.com


© 2019 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.