Num: 6893 | Martes 21 de septiembre de 2021
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

Dobrete para Valdeorras nos mellores viños tintos elaborados con madeira en Galicia

Nos Premios da Cata dos Viños, Augardentes e Licores Tradicionais foi distinguido co Acio de Ouro ao mellor branco de Valdeorras a referencia A Coroa Godello da Adega A Coroa S.A.T

Marta Sertaje, de Adega A Coroa, recibiu o premio de Mellor Viño Branco da D.O. Valdeorras de mans do presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando

O 21 de xulio entregáronse en Sergude (A Coruña) os premios da Cata Oficial dos Viños, Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia 2021. Por vez primeira, dous viños tintos de Valdeorras foron distinguidos co Acio de Ouro e co Acio de Prata (as dúas máximas distincións) na categoría de mellores viños tintos elaborados con madeira en Galicia. En concreto, o ouro foi para a referencia Bancales da adega Roandi e a prata para a referencia Domus, da mesma adega.

Para o presidente do Consello Regulador da D.O Valdeorras, José Luis García Pando, “conseguir estes premios foi toda unha sorpresa, porque normalmente os mellores viños elaborados con madeira elaborabanse noutros territorios amparados”. Para García Pando, esta distinción supón “un recoñecemento a un xeito de facer” que pode “seguir dando moitas alegrías á nosa Denominación de Orixe”.

Tamén nos Premios da Cata dos Viños, Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia foi distinguido co Acio de Ouro ao mellor branco de Valdeorras a referencia A Coroa Godello da Adega A Coroa S.A.T.

© 2021 Actualidad Digital Ibérica. Todos los derechos reservados.