Num: 6321 | Jueves 27 de febrero de 2020
El tiempo - Tutiempo.net
El tiempo - Tutiempo.net

Xabier Paz presenta este venres a súa novela ‘Galileo no espello da noite’

Acompañará ao autor Margarida Pizcueta Barreiro, concelleira de Cultura do Barco


“Galileo no espello da noite” (Xerais, 2019) é a última novela de Xabier Paz (A Coruña, 1949) que será presentada este venres, 7 de febreiro, ás 20 horas na Biblioteca FDG do Barco. Acompañará ao autor Margarida Pizcueta Barreiro, concelleira de Cultura do Barco.

Galileo, un dos astrónomos máis célebres da humanidade, vese proscrito de vello, condenado polo Santo Oficio. El, que fora filósofo oficial na corte dos Medici e persoa reputada e achegada á curia pontificia, agora está maldito. Desde a vellez, o sabio cavila sobre a súa vida e a súa desgraza.Galileo no espello da noite é unha novela que nos mergulla na súa propia memoria, a través da que desfilan o cativo acosado pola nai, o estudante irreverente, o home testalán, o pai de familia e o filósofo e científico xenial. Sen esquecer a importancia que tiveron as mulleres na súa vida, sobre todo a súa filla, a narración vai compoñendo o tapiz dunha traxedia na que, canto máis avanza o seu coñecemento dos ceos máis o apertan as ameazas dos rivais e inimigos.

XABIER PAZ (A Coruña, 1949) reside en Vigo, onde exerceu diversos oficios desde 1980. Doutor en Ciencias Biolóxicas, dedicou boa parte da súa vida á investigación no Centro Oceanográfico de Vigo e foi colaborador de diversas publicacións culturais, de pensamento crítico e de viaxes.Como escritor, publicou as novelas Renacer (Xerais, 2008), As vidas de Nito (Xerais, 2013), A galera de Xelmírez (Xerais, 2015), Aníbal e a Pintora (Xerais, 2017) e Galileo no espello da noite (Xerais, 2019), así como os poemarios Sedimentos (2001), No canto do mar (2005), Materia de Lucrecio (Xerais, 2006) e Filoxenia do sangue (2006). Tamén é autor do libro Follas do bacallau (Xerais, 2005), que recolle a vida a bordo dos pesqueiros de grande altura.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

INFORMACION SOBRE LA PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable: GRUPO NOROESTE EN RED, S.L.
Fin del tratamiento: Controlar el spam, gestión de comentarios.
Legitimación: Tu consentimiento explicito marcando la aceptación de los terminos, que quedará reflejado en nuestra base de datos.
Comunicación de los datos: No se comunicarán los datos a terceros salvo por obligación legal.
Derechos: Acceso, rectificación, portabilidad, olvido.
Contacto: [email protected].

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

NOTICIA 02
NOTICIA 03
empleO
ofertas empleo ponferrada
PROGRAMACION TV
Programación TV
NOTICIA 01


NOTICIA 04
NOTICIA 07
NOTICIA 05
la encuesta

¿Estaría a favor de una autonomía leonesa siendo provincia el Bierzo?

Cargando ... Cargando ...
NOTICIA 10
NOTICIA 11
ADSENSE CUADRADO NOTICIA
NOTICIA 13


NOTICIA 08
NOTICIA 06
NOTICIA 09
NOTICIA 12
© 2020 Grupo Noroeste En Red. Todos los derechos reservados.